jueves, 19 de febrero de 2015

TEÑO UN AMOR EN RIANXO

TEÑO UN AMOR EN RIANXO.

Teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía,
para ve-los meus amores, teño que cruza-la Ría,

teño que cruza-la Ría, teño que cruza-la Ría,

teño un amor en Rianxo e outro en Vilagarcía.


Non lle temas, mariñeiro, ó ventiño do mar,
que o vento mareiro dá mellor navegar.
Se navegas pola ría de Rianxo verás
as estrelas e a lúa darlle bicos ó mar.

Lévalle no teu peteiro, gaivotiña voa, voa,
 unha cartiña de amores ó meu amor rianxeiro
ó meu amor rianxeiro, ó meu amor rianxeiro
gaivotiña voa, voa, lévalle no teu peteiro.

Non lle temas, mariñeiro.....



No hay comentarios:

Publicar un comentario