martes, 29 de octubre de 2013

Un Samaín de cordas

Ao longo de todo o trimestre estamos a traballar con instrumentos da familia da corda, por iso aproveitamos para tunear un pouco un esqueleto que toca a arpa... alguén se anima a sacar a foto???

domingo, 27 de octubre de 2013

TRAVIATA

Vos presento á nosa araña "Traviata", que... como por casualidade.... chámase igual que unha ópera do noso Giuseppe Verdi!!!
Grazas á profe Lorena por regalarnos esta araña para a aula de música.

viernes, 18 de octubre de 2013

Verdi... e para que non se vos olvide...

Como xa sabedes todos, debido ao bicentenario do compositor Giuseppe Verdi colguei unhas estiquetas pequeñas polos pasillos... para que non se lle esqueza a ninguén que a partires de agora estamos aprendendo cousiñas novas de Giuseppe Verdi.

miércoles, 16 de octubre de 2013

lunes, 14 de octubre de 2013

2 euros

Este ano, unha das moedas de dous euros conmemorativas que poden emitir os países do Euro, fai referencia ao noso Verdi...

A ver se atopades algunha!!!

sábado, 12 de octubre de 2013

NON CORRERRRRRR NON COOORRRRRERRRRR

Sempre estamos recordando que non se pode correr polos pasillos, pero dende que apareceu este sinal, xa ninguén corre polo noso pasillo...



jueves, 10 de octubre de 2013

GIUSEPPE VERDI

Hoxe estaría de cumpreanos outro gran compositor, nin máis nin menos que


GIUSEPPE VERDI
 
Coñecédelo? si? non? Pois veña, A POR EL!!!

miércoles, 9 de octubre de 2013

5º de Educación Primaria

Este curso o alumnado de quinto de Educación Primaria van a ser os encargados de desenvolver un proxecto no imos a dar a coñecer algúns personaxes moi relevantes da música. Os grupos de 5º A e 5º B, van a mostrar de diferentes maneiras ditos persoeiros ao resto do colexio.

E...estou seguro, de que o van a facer FENOMENAL!!!

martes, 8 de octubre de 2013

WAGNER

Aquí tedes un pouquiño máis de información, cortesia dos compañeiros de 5º A e 5º B



lunes, 7 de octubre de 2013

De voda????

A ver, a verrrrrrrrr

Alguén está invitado??

Pois está soando a Marcha Nupcial da ópera Lohengrin!!!!




sábado, 5 de octubre de 2013

CONCUFRAUTA, ASÍ IMOS

Como xa expliquei o primeiro día de clase, este trimestre poñemos de novo en marcha o "CONCUFRAUTA" no que participan os Terceiros, Cuartos, Quintos e Sextos de Primaria.

viernes, 4 de octubre de 2013

RESOLVEMOS???

W é a inicial do seu apelido.

200 son os anos que cumpriría no 2013.

Alemania é o actual pais no que naceu.

Voda porque unha das dúas Marchas Nupciais máis coñecidas é súa

Ópera porque grazas a él a ópera alcanzou un gran desenvolvemento

Retrato, porque este sería o retrato dun xenio.

jueves, 3 de octubre de 2013

QUE ESTO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN...

Veña... que se está esgotando o tempo... xa hai profes que descubriron este enigma... incluso por 6ºA houbo quen xa resolveu... e o máis importante...ACERTOU

Este retrato vos axuda aos que aínda non sabes quen é?



martes, 1 de octubre de 2013

Benvida a un novo curso!

Tamén contarvos que no noso corredor puxemos esta pequeniña benvida para todos vós!