viernes, 28 de junio de 2013

E agora a descansar!

Despois dun curso como este toca descansar un pouquiño, reflexionar no que se fixo ben, no que hai que mellorar, no que se pode cambiar... e sobre todo, toca descansar un pouquiño...
Ainda así, seguirei colgando cousiñas que me quedaron por ahí, para que tampouco collamos moita ferruxe.
Disfrutade moito do verán e por suposto... CON MOITA MÚSICA!!!!

jueves, 27 de junio de 2013

Agradecementos varios

Hai que dicir que o festival foi posible grazas sobre todo, sobre todo ao traballo feito polos rapaces, que levan un mes (ou algo máis) de ensaios, pero que ademais de facelo fenomenal (non esperábamos menos), son uns auténticos artistas!!!
Cando suben ao escenario, non só están a repetir unha coreografía, ou unha canción que aprenderon, están enfrontándose a un público que os está a observar cómodamente nunha butaca, á responsabilidade de facelo ben de cara aos seus compañeiros, están aprendendo a canalizar o seu propio medo a exponerse a unha situación nova, a superar os seus medos... etc, etc, etc, e etc....
Tampouco vou aburrir, pero o feito de sair aí diante ten tanto tanto mérito, que só por sair son dignos do maior respecto do mundo, e SE ENCIMA O FAN ASÍ DE BEN...
Son uns artistazos!!!!!

Tamén engadir que sen a colaboración, participación e entusiasmo de todo o profesorado este tipo de actividades non sería posible.

E grazas  tamén ás familias, porque a súa presencia é fundamental para a motivación dos rapaces.

RAPACES DO GALÁN: SODES UNS FENÓMENOS!!!

miércoles, 26 de junio de 2013

De tolos...

Este mes foi de tolos... estivemos preparando o festival de Fin de Curso e a verdade é que non tivemos un momento de acougo... pero mereciu a pena, a que si??







martes, 25 de junio de 2013

Non podía esquencerme!!!!!

Teño que facer tamén una mención especial que me fixo moita ilusión na Expo de instrumentos, que foi ver a frauta de Sabela e que estaba feita xunto coa súa irmá Alba (ex-alumna de cando eu traballaba na escola de música), e ex-alumna tamén de Galán. Parabéns!!!