miércoles, 27 de febrero de 2013

Os Primeiros e Segundos do cole xa foron a Coimbra

E agora veñen da Virxe da Barca... en fin, non fan máis que pasear...
Cada trimestre, aprendemos unha canción popular galega, destas de toda a vida e que os nosos pais, e avós coñecen.
Están feitas para coñecer a nosa cultura, a nosa lingua, pero sobre todo... para disfrutalas cantando en compaña dalguén.
Aquí queda a letra do Sacristán de Coimbra que foi a canción popular do primeiro trimestre para os nenos de infantil, Primeiro e Segundo... A CANTAR!!!!


O SACRISTÁN DE COIMBRA


O sacristán de Coimbra

Facía de mil diabluras

O sacristán de Coimbra

Facía de mil diabluras

Mollaba o pan en aceite

Deixaba os santos a escuras

Mollaba o pan en aceite

Deixaba os santos a escuras


E bate fado, e bate ben

Ti eres a causa do meu querer

E bate fado, e bate ben

Ti eres a causa do meu querer


O mar tamén ten amores

O mar tamén ten mulleres

O mar tamén ten amores

O mar tamén ten mulleres

Está casado coa area

Dalle bicos cantos quere

Está casado coa area

Dalle bicos cantos quere


E bate fado…


Eu quixera ser merliño

E ter o bico encarnado

Eu quixera ser merliño

E ter o bico encarnado

Para facer o meu niño

No teu cabelo dourado

Para facer o meu niño

No teu cabelo dourado


E bate fado…

lunes, 25 de febrero de 2013

Estiven en 4º A

O venres pasado estiven na aula de 4º A, vendo como traballaban e sacando algunha foto... Aí vos van algunhas pistiñas...






Moito material hai aquí...

domingo, 24 de febrero de 2013

150 anos dos "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro

Esta é a música, coa voz de Amancio Prada:
http://www.goear.com/listen/af2138a/adios-rios-adios-fontes-amancio-prada

E esta é a letra:

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


Adiós, ríos; adios, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adios!

¡Adiós groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
 
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
 
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!

¡Adiós tamén, queridiña!...
¡Adiós por sempre quizais!...
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!
 
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
non sei cando nos veremos.

martes, 19 de febrero de 2013

As larpeiradas... que non falten!!!

Os nenos de infantil, un dos contidos que estamos a traballar, é a iniciación á lectura musical, para eso, é preciso que empecen a coñecer os primeiros elementos da lectoescritura.

Unha das primeiras presentacións é a da PORTEIRA do edificio pentagrama.

A porteira  do edificio onde viven as notas musicais, ten unha barriga moi grande... e sobre todo, sobre todo... É MOOOOI MANDONA!!!!

Ésta é a Clave de Sol,  que lle di ás notas musicais onde teñen que ir a vivir no pentagrama.

Pero éstas claves de sol que poño eu aquí, máis que mandonas... Pódovos asegurar que estaban... RIQUÍSIMAS!!!!

domingo, 17 de febrero de 2013

Pero, había máis que un boneco de neve!!!

Pero, había máis que un boneco de neve... Pois claro que si, este boneco de neve antes de formar parte da decoración da nosa porta, foi antes parte dunha das árbores de Nadal que fixemos na aula de música para engalanar o "Superfestival de artistas de Oseiro" entre ensaio e ensaio.






 
Evidentemente, como estábamos no primeiro trimestre, empregamos a familia do vento, instrumentos que se traballaron na aula dende principios de curso.
 
 
 

sábado, 16 de febrero de 2013

No inverno...

Tamén engadimos algún que outro boneco de neve á decoración da nosa porta... como non podía ser doutra maneira... bonecos de neve musicais... POR SUPOSTO!!!

martes, 5 de febrero de 2013