miércoles, 21 de mayo de 2014

O GATO


O gato

Xuntáronse catro un día
Os mellores deste barrio
Fixeron unha batida
E os meteron nun saco

Vai o gato metido nun saco
Vai o gato para terra de Laxe
Vai o gato metido nun saco
Ai gatiño xa non volve máis

Aquel gato era un artista
Traballando na ribeira
Agora é un bañista
Na praia da castiñeira

Vai o gato metido nun saco…

Que mal lles parecería
A calquera deses catro
Que os meteran nun saco
Como meteron ó gato

Vai o gato metido nun saco…

2 comentarios:

  1. ¿Laxe? Xa lles podías ensinar "O Jai Jai" de Pablo Díaz... que fala do gaiteiro de Neaño!!!
    Eu, hai tres anos, coñecín a un "gaiteiro", "titiriteiro", "pallaso" que "percorría Bergantiños cantando aquí e acolá".... Aínda o recordamos... TOOOOOODOSSSS. Non sei se sabes de quen falo....;) Un beso enorrrrrme!!!

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Siiiiiii.... aínda lembro a ese itinerante que se subía ás mesas... aiiiii... que a idade non perdoa e agora xa non podo... pero non esquece que un cachiño do seu corazón quedou percorrendo as pistas co teclado no maleteiro... Un bico moooooooi grande!!!!!

      Eliminar