viernes, 19 de abril de 2013

E como nos gusta saberrrrrrrrr

A gaita galega é un instrumento de vento madeira propio de Galicia, norte de Portugal, occidente de Asturias e o Bierzo. É o símbolo por excelencia da música tradicional galega.
A característica esencial da gaita é a presenza dun odre ou bolsa de coiro que actúa como depósito de aire e que baixo a presión do cóbado, mantén regular o subministro de aire ó tubo cando aquel suspende a súa expiración para tomar novo alento,é dicir, que xa polo sopro, xa pola forza do brazo, a presión é constante  e regular.
 
A gaita galega consta das seguintes partes:
  • Un soprete, co que se introduce o aire no fol.
  • Un punteiro, co que se pode tocar en aberto, ou en pechado.
  • Un fol, onde se almacena o aire que fai que soe o instrumento.
  • Un roncón, o tubo que se apoia sobre o ombro do gaiteiro, que soa na mesma nota que o son do punteiro na posición de re, pero dúas oitavas máis abaixo.
  • Un ronquete, o tubo que se apoia sobre o antebrazo dereito do gaiteiro, que soa na mesma nota do roncón, pero unha oitava máis arriba que este e unha máis abaixo que a posición re do punteiro
  • Un ronquillo, que sae do fol paralelo ao ronquete, que soa con igual nota que a posición re do punteiro, unha oitava máis arriba que o ronquete e dúas máis arriba que o roncón.
O roncón componse de tres pezas: a tercia, ou parte final, por onde sae o son que remata na copa, a segunda e a prima. O ronquete está composto de dúas pezas respectivamente, copa e prima. O ronquillo é de unha soa peza.
O roncón, o ronquete e o ronquillo sintonízanse á nota do punteiro mediante o deslizamento telescópico das súas partes. As gaitas adórnanse con gravuras sobre a madeira, deseños sobre o fol, farrapos e borlas.
A gaita galega acostuma ser construída con madeira de buxo, pao santo e granadillo. As buxas (os tubos que conectan as pezas) fixéronse tradicionalmente de corno ou madeira de buxo, mais os modelos en metal ou marfil (e súa imitación) son cada vez máis frecuentes. Na actualidade utilízanse foles e pallóns sintéticos, etc

As primeiras representacións gráficas da gaita son de mediados do século XIII.

Non é habitual que un gaiteiro toque só.
Normalmente reúnense dous ou tres, que se acompañan de percusión: bombo e tamboril, pandeiro, pandeiretas, cunchas, etc. Ademais destes grupos de gaitas, nos anos noventa do século XX apareceron numerosas bandas de gaitas baseadas no modelo escocés.
Moitos países contan con interesantes variantes deste instrumento.

No hay comentarios:

Publicar un comentario