miércoles, 16 de octubre de 2013

lunes, 14 de octubre de 2013

2 euros

Este ano, unha das moedas de dous euros conmemorativas que poden emitir os países do Euro, fai referencia ao noso Verdi...

A ver se atopades algunha!!!

sábado, 12 de octubre de 2013

NON CORRERRRRRR NON COOORRRRRERRRRR

Sempre estamos recordando que non se pode correr polos pasillos, pero dende que apareceu este sinal, xa ninguén corre polo noso pasillo...



jueves, 10 de octubre de 2013

GIUSEPPE VERDI

Hoxe estaría de cumpreanos outro gran compositor, nin máis nin menos que


GIUSEPPE VERDI
 
Coñecédelo? si? non? Pois veña, A POR EL!!!

miércoles, 9 de octubre de 2013

5º de Educación Primaria

Este curso o alumnado de quinto de Educación Primaria van a ser os encargados de desenvolver un proxecto no imos a dar a coñecer algúns personaxes moi relevantes da música. Os grupos de 5º A e 5º B, van a mostrar de diferentes maneiras ditos persoeiros ao resto do colexio.

E...estou seguro, de que o van a facer FENOMENAL!!!

martes, 8 de octubre de 2013

WAGNER

Aquí tedes un pouquiño máis de información, cortesia dos compañeiros de 5º A e 5º B



lunes, 7 de octubre de 2013

De voda????

A ver, a verrrrrrrrr

Alguén está invitado??

Pois está soando a Marcha Nupcial da ópera Lohengrin!!!!




sábado, 5 de octubre de 2013

CONCUFRAUTA, ASÍ IMOS

Como xa expliquei o primeiro día de clase, este trimestre poñemos de novo en marcha o "CONCUFRAUTA" no que participan os Terceiros, Cuartos, Quintos e Sextos de Primaria.

viernes, 4 de octubre de 2013

RESOLVEMOS???

W é a inicial do seu apelido.

200 son os anos que cumpriría no 2013.

Alemania é o actual pais no que naceu.

Voda porque unha das dúas Marchas Nupciais máis coñecidas é súa

Ópera porque grazas a él a ópera alcanzou un gran desenvolvemento

Retrato, porque este sería o retrato dun xenio.

jueves, 3 de octubre de 2013

QUE ESTO ESTÁ CHEGANDO AO SEU FIN...

Veña... que se está esgotando o tempo... xa hai profes que descubriron este enigma... incluso por 6ºA houbo quen xa resolveu... e o máis importante...ACERTOU

Este retrato vos axuda aos que aínda non sabes quen é?



martes, 1 de octubre de 2013

Benvida a un novo curso!

Tamén contarvos que no noso corredor puxemos esta pequeniña benvida para todos vós!

viernes, 27 de septiembre de 2013

A TERCEIRA PISTA.. E AVISO: NON VAI CASAR NINGUÉN!!!

Repito, que non vai casar ninguén, pero esta terceira pista é MOI, MOI, MOI, MOI, IMPORTANTE...

 

miércoles, 25 de septiembre de 2013

A nosa aula renovada

Este ano tomei a decisión de quitar as cadeiras da aula, porque ocupaban moito espacio, e realmente nós apenas as usábamos porque cantamos, tocamos e bailamos de pé.... Eu creo que foi un acerto, pero xa falaremos...

lunes, 23 de septiembre de 2013

lunes, 16 de septiembre de 2013

Hoxe ides a saber...

Bueno... a ver... quen di hoxe di... mañá... ESTADE ATENTOS!!!!

Porque de momento, nada se sabe, e o que é peor, nada podo dicir dos carteliños que hai polo cole... o que si vos podo dicir que esta é una pista!

miércoles, 11 de septiembre de 2013

lunes, 29 de julio de 2013

lunes, 8 de julio de 2013

Unha versión do "Himno da Alegría"

Mi fa sol sol fa mi re do do re mi mi re... A que nós o tocábamos mellor?????

viernes, 28 de junio de 2013

E agora a descansar!

Despois dun curso como este toca descansar un pouquiño, reflexionar no que se fixo ben, no que hai que mellorar, no que se pode cambiar... e sobre todo, toca descansar un pouquiño...
Ainda así, seguirei colgando cousiñas que me quedaron por ahí, para que tampouco collamos moita ferruxe.
Disfrutade moito do verán e por suposto... CON MOITA MÚSICA!!!!

jueves, 27 de junio de 2013

Agradecementos varios

Hai que dicir que o festival foi posible grazas sobre todo, sobre todo ao traballo feito polos rapaces, que levan un mes (ou algo máis) de ensaios, pero que ademais de facelo fenomenal (non esperábamos menos), son uns auténticos artistas!!!
Cando suben ao escenario, non só están a repetir unha coreografía, ou unha canción que aprenderon, están enfrontándose a un público que os está a observar cómodamente nunha butaca, á responsabilidade de facelo ben de cara aos seus compañeiros, están aprendendo a canalizar o seu propio medo a exponerse a unha situación nova, a superar os seus medos... etc, etc, etc, e etc....
Tampouco vou aburrir, pero o feito de sair aí diante ten tanto tanto mérito, que só por sair son dignos do maior respecto do mundo, e SE ENCIMA O FAN ASÍ DE BEN...
Son uns artistazos!!!!!

Tamén engadir que sen a colaboración, participación e entusiasmo de todo o profesorado este tipo de actividades non sería posible.

E grazas  tamén ás familias, porque a súa presencia é fundamental para a motivación dos rapaces.

RAPACES DO GALÁN: SODES UNS FENÓMENOS!!!

miércoles, 26 de junio de 2013

De tolos...

Este mes foi de tolos... estivemos preparando o festival de Fin de Curso e a verdade é que non tivemos un momento de acougo... pero mereciu a pena, a que si??







martes, 25 de junio de 2013

Non podía esquencerme!!!!!

Teño que facer tamén una mención especial que me fixo moita ilusión na Expo de instrumentos, que foi ver a frauta de Sabela e que estaba feita xunto coa súa irmá Alba (ex-alumna de cando eu traballaba na escola de música), e ex-alumna tamén de Galán. Parabéns!!!