viernes, 22 de marzo de 2013

Que aprendemos coa música

Non deixedes de ver este traballo, é moi ilustrativo da importancia da música na formación integral de cada persoa.

http://www.slideshare.net/mariajesusmusica/aprendemosgraciasamusica

martes, 19 de marzo de 2013

E nos recreos...

Como xa sabedes, nos recreos os rapaces de cuarto, quinto e sexto de Primaria, de maneira voluntaria, están ensaiando diferentes coreografías, a maioría propostas por eles mesmos.
Iremos colgando as diferentes músicas que estamos empregando.... pero non esperedes as coreografías...SERÁN SORPRESA!!!!

http://www.goear.com/listen/0f0e612/balada-boa-gustavo-lima

Acordádesvos de esto??????

lunes, 18 de marzo de 2013

Máis familia da corda

Como xa sabedes todo este trimestre estamos traballando os instrumentos da familia da corda, como son, como funcionan, como sonan, etc...
O vindeiro sábado 23, na sala de Cámara do Palacio da Ópera de A Coruña, terá lugar o concerto en familia "Los colores de las cuerdas", e que está dirixido ao alumnado de infantil.
O concerto consiste nun grupo de seis cordas (3 violíns, unha viola, un chelo e un contrabaixo) que interpretarán arranxos divertidos e na que participará o público.
O prezo é de tres euros por adulto, e dous por menor de 14 anos.
Pois nada, pode ser unha mañá de sábado diferente...



 

viernes, 15 de marzo de 2013

En primeiro e segundo estamos cantando...

Pois nin máis nin menos que unha de oficios...


Todo o que sei

 

Eu teño un martelo, martelo martelo

Eu teño un martelo, e sei martelar

Plum. Plum, plum…plum plum….

 

Eu teño unha serra, unha serra, unha serra

Eu teño unha serra, e eu sei serrar.

Cras, cras, cras….

 

Eu teño unha plancha, unha plancha, unha plancha

Eu teño unha plancha, e eu sei planchar

Raing, raing, raing….

 

miércoles, 13 de marzo de 2013

Na veira do mar

Esta canción popular galega a estamos cantando os rapaces de 3º e 4º, pero non son os únicos que a saben cantar, preguntádelle aos nenos que estaban en infantil o curso pasado...
Ahí vos deixo a letra...


Na veira do mar.

 

Na veira do mar

Hai moito que ver

Baila miña Maruxa si

Baila na punta do pé

Baila na punta do pé

Baila na palma da man

Baila miña Maruxa si

Baila se queres bailar.

 

Lalalalala

Lalalalala

Lala lalalalala lalalalala

 Lalalalala

Lala lalalalala

La la lalalalalala

 

 

martes, 12 de marzo de 2013

Con maracas e en familia!!!

Aquí tedes a 4º A  posando coas súas maracas... que saibades que as fotos non fan xustiza a todo o traballo que hai aí invertido, pois non lles faltan detalle... Uns artistas!!!
E tamén vos digo unha cousa, estas rapazas e rapaces van a darnos unha sorpresiña que outra máis, seguide así!!!!


viernes, 8 de marzo de 2013

miércoles, 6 de marzo de 2013

A familia da corda...

Como estamos a traballar a familia da corda este trimestre, pensei en poñer uns violíns, uns contrabaixos, unhas arpas, un piano.... Pero cruzouse este vídeo dun invento que soa a cordas e funciona como cordas... Xa me contaredes!!!!

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=XlyCLbt3Thk

martes, 5 de marzo de 2013

Habanera???

Os quintos e os sextos xa saben tocar unha habanera coa frauta, pero non é tan famosa como a Habanera da ópera "Carmen", do compositor Georges Bizet.
Prácticamente a todos lles sonaba esta música, pero non sabían que pertencía a unha ópera, da cal tamén coñecen fragmentos...
E por riba, cantada por María Callas... aquí tedes, pinchade e disfrutade!!!

http://www.youtube.com/watch?v=3rjOrOt6wFw

Nin que decir, que tanto os quintos como os sextos do cole, tocan coa a súa habanera coa frauta doce FENOMENAL!!!!

lunes, 4 de marzo de 2013

O Canon de Pachelbel

O mércores pasado nas clases de 4ºB e 4ºA estivemos tocando cos instrumentos de placas a "Danza dórica" e que fixemos en canon... Acordádesvos, non?
Pois aquí vos deixo o Canon de Pachelbel, escoitádeo e sobre todo... DISFRUTÁDEO!!!!

http://www.goear.com/listen/79d4758/canon-de-pachelbel-pachelbel

domingo, 3 de marzo de 2013

A señora Negra e Dona Branca!!

Este xoves pasado, a primeira hora da mañá, tiveron música os nenos de 6º de Educación Infantil... entre cantar, bailar, xogar... estivemos traballando a lectura de negras e brancas... UN ÉXITO!!!!
Estos nenos son uns Cracks!!!
Como premio levaron o debuxo dunha Negra nunha man e o de unha Branca na outra...



miércoles, 27 de febrero de 2013

Os Primeiros e Segundos do cole xa foron a Coimbra

E agora veñen da Virxe da Barca... en fin, non fan máis que pasear...
Cada trimestre, aprendemos unha canción popular galega, destas de toda a vida e que os nosos pais, e avós coñecen.
Están feitas para coñecer a nosa cultura, a nosa lingua, pero sobre todo... para disfrutalas cantando en compaña dalguén.
Aquí queda a letra do Sacristán de Coimbra que foi a canción popular do primeiro trimestre para os nenos de infantil, Primeiro e Segundo... A CANTAR!!!!


O SACRISTÁN DE COIMBRA


O sacristán de Coimbra

Facía de mil diabluras

O sacristán de Coimbra

Facía de mil diabluras

Mollaba o pan en aceite

Deixaba os santos a escuras

Mollaba o pan en aceite

Deixaba os santos a escuras


E bate fado, e bate ben

Ti eres a causa do meu querer

E bate fado, e bate ben

Ti eres a causa do meu querer


O mar tamén ten amores

O mar tamén ten mulleres

O mar tamén ten amores

O mar tamén ten mulleres

Está casado coa area

Dalle bicos cantos quere

Está casado coa area

Dalle bicos cantos quere


E bate fado…


Eu quixera ser merliño

E ter o bico encarnado

Eu quixera ser merliño

E ter o bico encarnado

Para facer o meu niño

No teu cabelo dourado

Para facer o meu niño

No teu cabelo dourado


E bate fado…

lunes, 25 de febrero de 2013

Estiven en 4º A

O venres pasado estiven na aula de 4º A, vendo como traballaban e sacando algunha foto... Aí vos van algunhas pistiñas...






Moito material hai aquí...

domingo, 24 de febrero de 2013

150 anos dos "Cantares gallegos" de Rosalía de Castro

Esta é a música, coa voz de Amancio Prada:
http://www.goear.com/listen/af2138a/adios-rios-adios-fontes-amancio-prada

E esta é a letra:

ADIÓS RÍOS, ADIÓS FONTES


Adiós, ríos; adios, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adios!

¡Adiós groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.
 
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.
 
Xa se oien lonxe, máis lonxe
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
¡Miña terra, ¡adios!, ¡adios!

¡Adiós tamén, queridiña!...
¡Adiós por sempre quizais!...
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás...
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!,¡meu lar!
 
Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
non sei cando nos veremos.

martes, 19 de febrero de 2013

As larpeiradas... que non falten!!!

Os nenos de infantil, un dos contidos que estamos a traballar, é a iniciación á lectura musical, para eso, é preciso que empecen a coñecer os primeiros elementos da lectoescritura.

Unha das primeiras presentacións é a da PORTEIRA do edificio pentagrama.

A porteira  do edificio onde viven as notas musicais, ten unha barriga moi grande... e sobre todo, sobre todo... É MOOOOI MANDONA!!!!

Ésta é a Clave de Sol,  que lle di ás notas musicais onde teñen que ir a vivir no pentagrama.

Pero éstas claves de sol que poño eu aquí, máis que mandonas... Pódovos asegurar que estaban... RIQUÍSIMAS!!!!

domingo, 17 de febrero de 2013

Pero, había máis que un boneco de neve!!!

Pero, había máis que un boneco de neve... Pois claro que si, este boneco de neve antes de formar parte da decoración da nosa porta, foi antes parte dunha das árbores de Nadal que fixemos na aula de música para engalanar o "Superfestival de artistas de Oseiro" entre ensaio e ensaio.






 
Evidentemente, como estábamos no primeiro trimestre, empregamos a familia do vento, instrumentos que se traballaron na aula dende principios de curso.
 
 
 

sábado, 16 de febrero de 2013

No inverno...

Tamén engadimos algún que outro boneco de neve á decoración da nosa porta... como non podía ser doutra maneira... bonecos de neve musicais... POR SUPOSTO!!!

martes, 5 de febrero de 2013

miércoles, 30 de enero de 2013

TACHÁN!!!!! Que teñades un bo día da Paz!!!!

Este trimestre estamos a traballar na aula de música os instrumentos da familia da corda. Ó longo desta semana os nenos colorearon un instrumento de corda que logo recortaron.
O resultado foi que cos máis de 400 miniinstrumentos de corda de tódolos nenos do cole saiunos esta Pomba...


















martes, 29 de enero de 2013

Nestas seguimos...

Fai uns días puxen unha foto con diversos instrumentos pintados e recortados polos nenos.
Todos estes instrumentos son da familia da corda... e xa están pegadiños... pero faltan "uns cantos máis"...
A foto é de onte, mañá o resultado final!!

lunes, 28 de enero de 2013

domingo, 27 de enero de 2013

Somos... una marea de gente!!!

"Somos una marea de gente... todos diferentes!!! Remando al mismo compás!!"
Este tema de Macaco, non vos soa de algo?


 
 


viernes, 25 de enero de 2013

Nestas andamos!!!!

Neste segundo trimestre estamos a traballar os instrumentos da familia da corda. Cada neno do cole está a colorear un miniinstrumento de corda para... bueno, que tampouco imos a contar hoxe todo. Esperaremos ao mércores da semana que vén... Parécevos?






jueves, 24 de enero de 2013

Aiiiii... que imos para dous meses do Samaín....

"Recordando vellos tempos"... que non son dous meses senón tres que celebramos o Samaín e no que fixemos este mural....ATERRADORRRRRRRRRR






domingo, 13 de enero de 2013

E seguindo coa aula...

Nos regalaron a finais do curso pasado unhas prantas e non vexades como floreceron... eu estou convencido de que a música dos nosos galáns e galanas tivo mooooito que ver...

A importancia do silencio...

Despois dun tempo parado, imos retomar un pouco a actividade no blogue... outro día falarei da importancia do silencio, da gran cantidade de significados que ten e de tódalas cousas que poden  dicirse sen decir nada... en silencio...

domingo, 14 de octubre de 2012

Xogando co noso "pentachán"?

Pois si, que nos gusta moito aprender xogando... e os concursos no "Pentachán" son superemocionantes.... Moito coidado, non vos equivoquedes de nota!!!!


A nosa porta

Este ano, estamos facendo uns pequeniños cambios de decoración, e comezamos pola porta da nosa aula de música.... Quedou chula, eh???


domingo, 23 de septiembre de 2012

Unha proposta para 4º A e 4º B

E se construimos algún instrumento????
Xa vos irei contando, estade atentos...

Así rimábamos o ano pasado....

O curso pasado, arredor do día das Letras Galegas, aproveitamos para facer unhas rimas para a canción do "Galo" todos aqueles que quixeron nos cursos de terceiro e cuarto.,..
 
O galo cando canta é día, é día, é día
o galo cando canta é día
imos de parranda imos todo o día.
 
O resultado está colgado estos días no pasillo da clase para que todos vexan os poetas e poetisas que estamos feitos!!!!


sábado, 15 de septiembre de 2012

1º día de clase de música...

Primeira clase deste novo curso que arranca... Que maravilla vervos de novo as caras, comprobar como xa sodes un pouco máis maiores que o ano pasado... y comezar un novo ano cargadiño de cousas novas... E TODAS BOAS!!!!
Como novidade para este curso, non imos a empregar libro en Primaria (en Infantil xa non o tiñamos), polo que nos vai a quedar moito máis tempo para traballar tocando, cantando, bailando, escoitando e aprendendo a ler a música!!!!

domingo, 2 de septiembre de 2012

Empezamos????

Ola a todos, pois aquí estamos, empezando un novo curso!!!!!
Este ano como novidade, vou a poñer en marcha un novo proxecto na aula de música que vai a ser a creación dun blogue.
Necesito que teñades moita paciencia porque éste é un medio que non domino, co que entre eso e o pouco tempo do que dispoño... non sei cal vai a ser o resultado...
De tódolos xeitos, empezo con moita ilusión e moitas ganas!!!
Un saúdo para todos e BENVIDOS AO PENTAGRAMA DO GALÁN!!!!!